Español

Viveiros Refoxos produce desde 1987 planta a raíz núa de calidade certificada de castiñeiro híbrido resistente á enfermidade da tinta (Phitophtora sp.)

Producimos clons de castiñeiro híbrido con aptitude especial para a produción madeireira.

Dispomos de clons de castiñeiro híbrido ideais para ser utilizados como patróns ou portaenxertos de variedades autóctonas.

Tamén comercializamos clons de castiñeiro con aptitude froiteira das mellores variedades (Parede e Longal).

Dispomos de planta micorrizada e inoculada con Boletus edulis.

Temos ampla experiencia na repoboación e silvicultura do castiñeiro híbrido. Ofrecemos asesoramento técnico integral.

Viveiros Refoxos S.L. é membro da Asociación de Viveiros Forestais de Galicia VIFOGA.

Pousa, Refoxos • Cortegada • Ourense 32211 • info@viveirosrefoxos.com • 649926559 • 661372851