Español

Viveiros Refoxos produce plantas de castiñeiro híbrido resistente á tinta. Realízase mediante propagación vexetativa (abacelo baixo) a partir de árbores nai resistentes á enfermidade e dos que se obteñen plantas xeneticamente idénticas a estes, chamadas clons. Estes teñen as mesmas características que o seu proxenitor, en canto a xenética (resistencia) e calidade morfolóxica.

Viveiros Refoxos posúe un gran plantel de nais de híbridos resistentes con diversas aptitudes: madeira, froito e porta enxertos de variedades autóctonas de castaña.

Para mellorar o sistema radical das plantas, Viveiros Refoxos refórzaas durante un ano en viveiro. As plantas resultantes teñen un calibre de polo menos 2-3 cm. e tallas de 0,5 m. en diante.

Dispomos de planta certificada de todos os tamaños para produción de madeira, froito e dobre aptitude dos seguintes clons:

CLON APTITUDE TAMAÑO CASTAÑA
2671 Madeira
1483 Madeira
7521 Porta enxertos-Madeira Mediana
90025 Madeira-Froito Grande
90044 Madeira-Froito Grande
CA-15 Froito Grande

Consultar tamaños e prezos.

Pousa, Refoxos • Cortegada • Ourense 32211 • info@viveirosrefoxos.com • 649926559 • 661372851